Próxima asemblea: 11 de febreiro

O martes 11 de febreiro teremos unha nova asemblea do Proxecto Integral Compostela. Agardámosvos no CSA do Sar (Curros Enríquez nº28) ás 20.ooh.

 
Non coñeces o CSA do Sar?

O Centro Social Autoxestionado do Sar é un proxecto que nace da vontade de dotar á cidade de Compostela dun espazo aberto para uso da veciñanza e os movementos sociais de Compostela. Un espazo, así mesmo, onde teña cabida a cultura e o lecer alternativos.

O funcionamento do centro social é asembleario e autoxestionado: o espazo organízase mediante unha asemblea aberta na que participan os diferentes colectivos da casa e persoas que acuden a titulo individual.

O centro finánciase coas doacións que recibe da xente que fai uso del, que son destinadas integramente á mellora e mantemento do espazo.

Asi mesmo as actividades deberán ser abertas, non lucrativas e ter unha finalidade social. Se queredes organizar algunha actividade vinde á asemblea ou escribídenos un mail.

Os colectivos que participan activamente na casa son: Asemblea Aberta, Stop Desafiuzamentos Compostela, Proxecto Integral Compostela – PIC e Escola Popular Compostelá.

Animádevos a participar na construcción dun espazo de tod@s para tod@s!

http://csadosar.wordpress.com/

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s