Obradoiro de fotografía dixital

Comezamos coas xornadas formativas no Proxecto Integral Compostela.

Nesta ocasión realizaremos unha introducción á fotografía dixital, de man dun compañeiro con moitos anos de experiencia no campo.

 

obradoiro fotografia

 

Anuncios

Programa Mostra do Posible

Xa está dispoñible o programa de actividades da “Mostra do Posible“, que terá lugar en Cangas do Morrazo os días 7 e 8 de outubro.

O Proxecto Integral Compostela terá o pracer de participar na mesa redonda de “Economía Alternativa: As moedas sociais e bancos de tempo” o sábado ás 17.30.

Durante esa fin de semana vanse realizar 24 actividades: 6 mesas redondas, 2 presentacións, 2 charlas, 3 obradoiros, 3 actividades sociais, radio en directo, 2 actividades infantís, 4 concertos e unha intervención poética. Ademáis, haberá zona de acampada gratuíta e xantares a prezos populares.
Programa MOSTRA DO POSIBLE

Mostra do Posible

Os vindeiros días 7 e 8 de outubro terá lugar en Cangas do Morrazo a Mostra do Posible.

Un encontro de empresas de economía social e de movementos sociais mediante o que se pretende visibilizar que existen alternativas que permiten construír entre todos un mundo máis xusto.

A Mostra está dividida en 5 ámbitos da vida cotiá.

  • Economía, traballo e finanzas
  • Saúde, alimentación e coidado do entorno
  • Educación, cultura e medios de comunicación
  • Urbanismo, abastecementos e refugallos
  • Dereitos sociais

En cada un destes ámbitos existen propostas colectivas alternativas éticas e xustas.

 

 

Para máis información, aquí tedes a súa páxina web:

mostradoposible

 

21728072_1127222597410018_306872435742467050_n

Xantar Vegano de Convivir Parapapar

Unha das últimas incorporacións ao Proxecto Integral Compostela é a xente de Convivir Parapapar.

Convivir Parapapar é un proxecto de comedor vegano e ecolóxico que pretende mudar hábitos de consumo e acabar coa soidade e o traballo asalariado, tecendo rede e creando unha cultura de compartir.

Para máis información aquí tedes a súa páxina no facebook:

convivirParapapar

Mañá estades todxs convidadxs a participar no Xantar Vegano!

E por suposto, pódese facer unha aportación en landras 😉

 

19756330_1809098489419873_6791713055561835994_n

A educación alimenta(nos): Alternativas de consumo

Mañá xoves 15 de xuño participaremos na actividade “A educación alimenta(nos): Alternativas de consumo” na Facultade de Filosofía da USC.

 

cartel-definitivo

 

O grupo de traballo A Eira do Ceesg organiza cada ano unha actividade de reflexión e debate sobre o consumo responsable. Este ano a temática central escollida é a alimentación.

Coa educación no centro do debate, terá lugar unha mesa redonda sobre como educar para o consumo responsable, presentarase a Neveira Solidaria que está en funcionamento en Compostela. Como colofón, as persoas que asistan poderán degustar produtos sustentables e de proximidade.

Todo isto será o vindeiro 15 de xuño (xoves) na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, de 17:30 a 20:00.

Asistencia de balde.

VIII Encontro o Rural Quere Xente

Do 6 ao 9 de xullo terá lugar unha nova edición do Encontro ” O Rural Quere Xente. Tecendo Rede” en Carrizáns (Concello da Lama).

Esta iniciativa está dirixida a todas as persoas preocupadas polo medio rural, pola ecoloxía e por unhas relacións sociais e económicas xustas na nosa Terra.

Podes participar activamente na elaboración, posta en marcha e desenvolvemento do propio Encontro. O programa está aberto ás túas achegas e propostas.

Máis info na súa páxina:

https://xornadasrz

Aquí tedes o cartaz:

VIII_encontro.jpg