Obradoiro “Economía para o bo vivir. Achegas feministas para outro mundo posíbel”

Cartaz.jpg

Obradoiro “Economía para o bo vivir. Achegas feministas para outro mundo
posíbel”

Con esta proposta faremos unha achega aos principios da economía feminista
e da súa crítica a un sistema que pon o mercado e a acumulación de
beneficios por diante da vida, acarreando consecuencias nefastas para as
persoas e para a natureza.

Indagaremos nalgunhas das reflexións que plantexa esta corrente crítica
como ponto de partida para pensar colectivamente en propostas e accións
encamiñadas á construción de vidas que merezan a ledicia vivir.

O enfoque empregado será o da pedagoxía popular feminista, movemento que se
dirixe a facilitar procesos de análise da realidade e empoderamento para a
construción de subxectividades emancipadoras e prácticas de cambio social.

Facilita: Mari Fidalgo: Psicóloga social, feminista e activista na
construción de vidas dignas, plenas, felices e en liberdade.

O taller terá lugar o sábado 18 de febreiro de 10.30 a 14.00h. no
Matadoiro Compostela.

Remataremos con un xantar convivío onde cada persoa levaremos
algunha cousiña para petiscar.

Máis información e inscripcións no correo: pic@riseup.net.

Festa IV aniversario

Este sábado celebramos o IV aniversario do Proxecto Integral Compostela con varias actividades para todos os públicos. Para quen non nos coñece e quere saber de que vai o proxecto e as moedas sociais, para quen ten landras e quere mercar algúns dos produtos que se ofrecen no PIC ou para quen teña curiosidade e queira aprender a facer cervexa artesanal. Tamén para os peques que terán o seu espazo con xogos, contacontos e circo e para quen queira disfrutar dunha sesión vermú con boa música e ricos petiscos veganos.

Vémonos na festa!

cartaz_festa_pic_2017