Grupo de Consumo

Coa intención de establecer novos tipos de relacións co entorno máis humanas e próximas, buscando un consumo consciente e responsable, dende o PIC puxemos en marcha un grupo de consumo que traballa con landras.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

QUE É UN GRUPO DE CONSUMO?
 Un grupo de consumo é un conxunto de persoas que se organizan de forma autónoma para pedir os alimentos directamente ás/aos produtoras/es.

VANTAXES: 

  • Consumo alternativo e consciente.
  • Apoiar métodos de produción local e en ecolóxico.
  • Proverse de alimentos sans a un prezo xusto. O produtor recibe unha remuneración xusta polos seus produtos (sen intermediarios, que soen sacar maior beneficio explotando o pequeno produtor)
  • Reducir o gasto de recursos e emisión de contamintantes, dende a horta do produtor a túa casa (disminuindo a candidade de embalaxes e transportes).
  • Fortalecer as redes locais de colaboración entre persoas e colectivos. 

COMO NOS ORGANIZAMOS?

Para o correcto funcionamento do grupo, é necesario ter o compromiso dunha frecuencia mínima de consumo.

Realizamos o pedido conxuntamente a través dunha folla de cálculo online (na imaxe) onde temos en vertical as/os produtores coas súas ofertas, e en horizontal as/os usuarias/os.

A entrega é semanal (anotamos o luns e recollemos os produtos os xoves).

EtherCalc

COMO PARTICIPAR?

Se tes interese en participar como consumidora/or ou como produtora/or,

podes solicitar máis información no mail:pic@riseup.net.

É imprescindible formar parte do Proxecto Integral Compostela (ter a túa conta no CES).

PRODUTORAS/ES LOCAIS COS QUE TRABALLAMOS:

A Fieita Natural. Produtos de horta ecolóxica.

https://www.facebook.com/afieita.produtosnaturais

“Somos agricultores/as, respetuosos coa natureza, recuperamos leiras abandonadas no rural de Compostela para traballalas seguindo os principios da agroecoloxía co fin de producir alimentos sans e sabrosos, 100% libres de transxénicos, pesticidas e abonos minerais. Todo isto, a un precio xusto para o/a agricultor/a e o/a consumidor/a.”

 caixas A Fieita
Xixirín. Pan ecolóxico.

“O trigo ven de Lugo, de produtores de confianza sen selo. O centeo ven de preto de Palas de rei con selo craega. O moemos no muíño de pedra, no río Mera, preto da nosa aldea. O forno é de leña e ten unha capacidade de 18 pans. Usamos apeiros tradicionais, rodo, a pa, artesa, hucha, barredoiro de loureiro, barro para pechar a porta…, o levedo é prensado (con vontade de cambiar a levedo nai), o mesmo que usa Divina na praza de abastos, e o sal ecolóxico o mercamos en Comarca 54”

 pan xixirín
Tenda ecolóxica: 
Cousas da Terra. Tenda de produtos ecolóxicos, artesanía e comercio xusto.
“Defendemos  o intercambio de cercanía sen intermediarios con produtos galegos elaborados dun xeito artesanal ou ecolóxico.
Potenciamos o comercio xusto como alternativa para certos alimentos procedentes dos países do sur e introducidos na nosa dieta habitual  (café, cacao…).
Así podes atopar:
        
 Alimentos frescos de tempada: Froitas, verduras, hortalizas…
 Lácteos: Queixos, iogures, leite do día, requeixo…
 Conservas:Legumes, algas, pates, verduras, marmeladas, mel, setas…
 Infusións e especias.
 Café,cacao, chocolate, panela, galletas…
 Viños,licores, sidra e cervexa.
 Artesanía: Coiro, cerámica, lá, xogos tradicionais, materiais de refugallo…
 Cósmética, hixiene persoal e do fogar.”
 cousas da terra2
 Maisdetres: Produtos artesáns e de produción orgánica.

“Somos un grupo de persoas compartindo recursos para producir alimentos de forma natural. Respectando e loitando pola recuperación de valores tradicionais e a súa riqueza; creando un comercio máis xusto e local; e protexendo así o ámbito e a convivencia.”

maid3

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s