A landra – Moeda Social do PIC

1. A Landra
A Landra é a moeda social creada polo Proxecto Integral Compostela, complementaria ó euro e de utilización na bisbarra de Compostela.
Como valor de referencia 1 Landra equivale a 1 euro.
2. Crédito mutuo
O funcionamento da Landra baséase  no crédito mutuo, o cal quere decir que a moeda é creada no mesmo momento en que se fai un intercambio entre dúas persoas, unha obtén un ingreso e a outra unha débeda, que irá recuperando cando ofreza algo a outra persoa polo cal recibirá un ingreso. A suma de todas as contas sumará así sempre cero.
3. Saldo positivo e negativo
As novas persoas que se rexistren no sistema de intercambio comezarán cun saldo de 0 landras que irá aumentando cando ofreza algo e disminuindo cando reciba algo. Cada conta poderá chegar ata un saldo negativo de -50 e un saldo positivo de +50. (Estas marxes poden ser modificadas en función  do volume de landras preciso para satisfacer as necesidades das participantes).
Neste sistema, é importante desprendernos do concepto negativo de débeda, xa que se non hai ninguén con saldo negativo non pode haber ninguén con saldo positivo e polo tanto, non podería funcionar. Cando se chega ó máximo tanto positivo como negativo, hai que empezar a consumir ou a aportar.
4. Prezos
Cada persoa marca o prezo dos seus produtos ou servizos, que pode ser só en landras ou mixto, parte en landras e parte en euros. Nos prezos mixtos a porcentaxe de cada moeda é libre e o PIC só se fai responsable pola xestión en landras.
5. CES (Community Exchange System)
A landra é unha moeda virtual, non ten representación física. Para poder utilizar landras o PIC apoiase nunha plataforma online: CES Community Exchange System, na que  cada usuaria terá que darse de alta. O PIC ten unha conta propia no CES e cada participante irá creando a súa propia conta dentro da conta do PIC. Cando cada solicitude de alta no CES sexa aceptada, enviarase un mail de benvida coas normas de funcionamento do sistema de intercambio e unha carta de compromiso que as novas participantes deben aceptar para poder formar parte deste sistema de intercambio.
Máis información no apartado “Como funciona o CES”
No caso de precisar apoio deste eido hai un tutorial no blog do PIC e pódense enviar as consultas a pic@riseup.net.
5.1. Transaccións no CES
 Cando se realiza un intercambio, para que quede rexistrado e teña validez, este deberá ser introducido no CES.
No CES sempre é o vendedor o que carga o importe na conta do comprador (https://www.community-exchange.org/tx1.asp). Por defecto, o valor da transacción pasará do comprador ao vendedor. Non é preciso aceptar nada, o proceso é automático.
Se algún membro detecta que lle foi cargado un importe que non lle corresponde, porase en contacto co membro que efectuou o cargo, para que o modifique. Se existise algun problema entre ambos , deberán dirixirse a Administracción é informar dos posibles problemas.
6. Uso de talonarios
O talonario é un sistema de apoio para rexistrar as operacións e como xustificante de pagamento. Estes talóns só terán validez para a comunidade cando se actualicen no CES. O uso deste talonario é opcional e pódese conseguir solicitándoo o PIC ou descargando directamente o modelo de talón do CES e imprimilos pola súa conta.
7. Oxidación

Trátase dunha tasa que se carga ás contas das integrantes. A utilización deste remanente provinte da oxidación será decidido en asemblea e terá que ser utilizado para o beneficio da comunidade. Os obxectivos que busca a aplicación da oxidación son:

  • Estimular o movemento e a circulación de landras
  • Evitar comportamentos (ou lóxicas) acaparadorxs. Dado que a natureza das landras non é a mesma ca do euro, pretendese que a moeda non sexa un depósito de valor e a súa función unicamente oriéntese a dinamizar os intercambios
  • Servir como dinamizador do colectivo, obtendo “ingresos” para o PIC, podendo remunerar ou pagar en landras determinadas labores
 A oxidación acordada no sistema de intercambio do PIC é a seguinte:
2% de oxidación fixa bimensual, aplicada a todolos usuarios sobre o total do saldo cada dous meses
4% de oxidación por inactividade bimensual, aplicada a aqueles membros que non realizan ningun movemento (compra ou venda) sobre o total do saldo cada dous meses a final de mes.
8. Administración

Para o correcto funcionamento do sistema considérase necesario o traballo dunha persoa para a administración da conta do PIC no CES. As funcións deste cargo son a xestión de altas e baixas, resolución de incidencias coas contas dos usuarixs, atención de calquera reclamación ou suxerencia e cobro da oxidación das contas.

9. Vixencia

Este documento terá validez ata o 01 de xuño de 2015 e renovarase automáticamente no caso de que non haxa cambios decididos en asemblea. Para decidir calquera modificación no sistema de funcionamento das landras convocarase unha asemblea e posteriormente será comunicada a decisión para o coñecemento de tódalas persoas usuarias. No caso de que non haxa ningún cambio renovarase automáticamente.

 

Un pensamiento en “A landra – Moeda Social do PIC

  1. Pingback: Nova asemblea do PIC, venres 12 no CSA do Sar | Centro Social Autoxestionado do Sar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s