Como funciona o CES

O Sistema de Intercambio Comunitario (CES) polas súas siglas en inglés “Community Exchange System” é un sistema de intercambio baseado na comunidade que proporciona os medios para que os seus usuarios intercambien os seus bens e servizos. Tamén podería ser descrito como unha rede mundial de comercio complementario que funciona sen diñeiro.

As moedas CES son diñeiro de dominio público. Ninguén é dono dela, ninguén a controla, pertence ao dominio común. É creada polos usuarios, non por unha terceira persoa que está fóra do circuito de compradores e vendedores (como por exemplo os bancos, que o fan para o seu propio beneficio).

CREAR UNHA CONTA:

Para crear a túa conta de usuario tes que ir á páxina do CES:

https://www.community-exchange.org/


Na parte inferior, no apartado Community Exchange Network Statistics atoparás unha lista de paises nos que hai rexistradas comunidades de intercambio, tes que clickear na bandeira do estado Español. Aparecerá outra lista cos intercambios actuais de todo o estado. Busca e entra en “Proxecto Integral Compostela” para acceder ao fomulario de inscrición:

https://www.community-exchange.org/docs/join2.asp?xid=PICO

Formulario de inscrición:

  1.  Selección do idioma.
  2.  Información sobre o mercado PIC (Localización xeográfica, enlace ao blog, administradora cos seus contactos).
  3. Datos de usuario. Neste apartado escribimos os datos personais que irán asociados ao noso perfil de usuario. Se non desexas que certas informacións sexan visibles na rede, é posible ocultalas despois de recibir os datos da túa conta.

Tipos de contas: Individual, Empresa, Organización, Público.

  • Individual: A maioría dos usuarios do CES teñen contas individuais. Estas contas están a nome dun único individuo responsable da conta.
  • Empresa: Para negocios. A conta está a nome da empresa com unha ou varias persoas de contacto.
  • Organización: Unha conta de organizadores esencialmente orientadas a servizos. A conta está a nome da organización, como persoa de contacto. A administradora da organización é a responsable da conta.
  • Público: Nas contas públicas as operacións son completamente visibles aos usuarios. As contas públicas son para entidades que necesiten funcionar de forma transparente. Normalmente para entidades que necesitan funcionar de forma transparente. Normalmente, estas contas están relacionadas com a conta de administración (por exemplo, “caixa de oxidación”) e mostran os seus movementos de modo que os usuarios poidan ter a certeza de que o “diñeiro público” non está a ser malgastado.

   4.Ofertas e demandas.

Para poder rexistrase na conta do PIC é imprescindible contribuír polo menos con unha oferta.

Tanto nas ofertas coma nas demandas tes que achegar a seguinte información:
Título, descripción e custo da oferta/demanda.

O custo pode estar expresado en Landras, Euros/Landras ou ” a convir”.

Unha vez enchido todo o formulario clickea no botón “submit” na parte inferior da pantalla.

A petición de alta ten que ser aprobada pola aministradora, unha vez aprobada recibirás no teu correo persoal os datos de acceso e unhas normas básicas sobre o funcionamento do mercado.

Aquí tedes un vídeo tutorial onde mostramos todo o proceso:

http://vimeo.com/86657901

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s