Que é unha moeda social

Para comezar, comezaremos polo máis sinxelo ¿que é o DIÑEIRO? Diremos que é un elemento con catro características:

  1. Unidade de medida, dado que serve para cuantificar.

  2. Valor de intercambio, polo que é un parámetro aceitado pola xente para facer transaccións. É dicir, a xente confía en que determinados billetes e moedas teñen o valor que representan.

  3. Depósito de valor, co que a xente aforra con vistas a acumular capital de cara ao futuro.

  4. Elemento anónimo, xa que o diñeiro cambia de mans e non se sabe de onde veñen os cartos, nin como se conseguiron, nin nada. O diñeiro circula sen poder coñecela súa orixe, nin a cantidade total de masa monetaria existente.

Podemos dicir que, en liñas xerais, o anterior explica que é o diñeiro, pois calquera divisa/moeda actual ríxese por eses patrons. En base a iso, imos a tratar de explicar que é unha moeda social.

Que é unha moeda social?

Unha moeda social é unha ferramenta que serve como unidade de medida e como valor de intercambio. A súa función é facilitar e cuantificar unha transacción ao marxe da moeda oficial. Ten unha finalidade social, polo que o que se pretende é que sexa accesible para toda a comunidade a quen vai dirixida. Ademais, esta moeda goza dun carácter trasparente, e o seu obxetivo é que sexa utilizada para fin sociais. Por iso, a diferenza da moeda oficial, a moeda social non está concebida para ser acumulada, senon para articular o dinamismo dunha comunidade (especialmente en tempos onde o acceso a moeda oficial, é complicado polas coxunturas económicas). Do mesmo xeito, as moedas sociais teñen un carácter totalmente aberto e “persoal”, dado que en todas as transaccións queda reflexado quen é o comprador e quen é o vendedor, e eses movementos son públicos e ao alcance de calquera membro da comunidade, eliminando desta moeda un dos maiores problemas que ten a moeda ordinario, o anonimato.

Para que serve?

A moeda social, serve, fundamentalmente, como mecanismo de intercambio de bens e servizos. E en momentos de crise aguda, o que pretende é permitir o acceso a outra forma de intercambio, a cada vez máis persoas que non teñen acceso a moeda oficial (neste caso, o euro). A idea é que, progresivamente, o número de persoas usuarias da moeda creza, e así, poder ter máis productos e servizos ofertados. Canto maior sexa a cantidade de xente partícipe nunha moeda social, máis serán os intercambios que se poidan facer con dita moeda. Hai que subliñar o importante que pode ser esta ferramenta para moita xente que agora mesmo, ten un acceso limitado á moeda oficial.

Está claro que está só é unha visión funcional da moeda. De feito, as moedas socias acostuman a levar ímplicito un proceso de transformación social e empoderamento colectivo (o feito de crear unha moeda social constitue discutir abertamente o monopolio institucional de emisión de moeda), tales como:

  • Creación dunha rede con sentimento de pertenza a unha comunidade socio-económica e cooperativa.

  • Establecemento de relacións igualitarias entre todos os seus membros.

  • Implicación da colectividade no desenvolvemento de actuacións positivas para o común.

  • Primacia do local, fortalecemento da veciñanza.

  • Consolidación dunha cultura na que se entenda a moeda como medio e non como fin.

  • Solidariedade, mutualismo e cooperación.

  • Fomento das actividades baseadas nos principios de sustentabilidade ecolóxica e solidariedade.

  • Creación de emprego estable e digno, priorizando en aquelas persoas en risco de exclusión social.

  • Por en valor aquelas actividades menos recoñecidas pola economía oficial, tales como os traballos domésticos e o coidado de enfermos e persoas maiores.

  • Facilitar a oferta de produtos e servizos provintes da “capacidade ociosa” dos seus membros.

  • Creación dun mercado estable sen fuga de valores cara ao exterior.

  • Insumisión ao sistema impositivo do estado.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s