II Encontro Nacional de mercados

O próximo martes día 7 en Compostela  “II Encontro Nacional de Mercados” .

cartaz_compostela

O martes dia 7 de junho celebramos no parque de Belvis, em Compostela, o II Encontro Nacional de Mercados. Colhemos assim desde o “Entre Lusco e Fusco” o relevo de Ponte Vedra e do I Encontro, celebrado a iniciativa da Associaçom 4ponlas, com o objectivo criar un espaço de encontro e debate para os distintos mercados, encontros e feiras ecológicas e sustentáveis que se estám a celebrar na Galiza.
Foi precissamente acordo de aquel primeiro encontro dar continuidade à experiéncia e espalhá-la polo Pais com a intençom de criar um espaço itinerante de reivindicaçom de um outro modelo alimentar e económico, mas também de elaboraçom de estratégias em comum que nos permitam manter o nosso modo de vida, e que irá percorrendo e dando apoio às distintas iniciativas que se estám a sumar a esta rede.

Seria convinte que confirmaras a tua paricipaçom antes do dia 5 para poder desde o Lusco organizar os espaços. Podes fazé-lo a través do correio electrónico raicesdolusco@gmail.com indicando-nos quem és, de onde vés, que é o que fás, e se vas pór posto à tarde.
A ideia é constituir a Assembleia às 12:00, parar a jantar sobre as 14:00 e à tarde preparar o mercado. Durante a feira haverá música ao vivo, taberna, demostraçons e apresentaçons de distintos projectos e iniciativas sociais “aliadas” do Entre Lusco e Fuscos e que partilham com nós o mesmo espririto de rebeldia.

Tanto a Assembleia como o jantar serám no local que fica justo ao caróm do espaço onde desenvolvemos o mercado. Para o jantar partilharemos o que cada quem traia da casa.

Participa desta iniciativa, agardamos por ti em Compostela!

Festa III aniversario do PIC

O Pic Proxecto Integral Compostela está de aniversario! a Landra, a moeda social que tempos en Compostela cumpriu tres anos de vida e queremos celebralo con todas e todos vós.
Teremos unha palestra ” Novas formas de economía colaborativa “ onde faremos unha presentación do PIC, Contaremos tamén coa colaboración de Óscar Gorriz que presentará o proxecto Faircoop.
 
Teremos tamén sesión vermú con pinchos, mercadiño en moeda social…e sortearemos unha cesta con produtos do PIC.
Vinde a desfrutar e a celebrar con nós estes tres anos, e ademais poderedes marchar para casa cun estupendo lote de produtos!
Vémonos este sábado no Ateneo a partir das 11.30!
festa III aniversario

I Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia

O sábado 23 de xaneiro terá lugar en Ordes o I Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia, que baixo o lema: Intercooperar!!  ten por finalidade darlle visibilidade e coñecer directamente ás persoas que forman parte do sector; creando ou revitalizando espazos de intercooperación.

O evento vai dirixido preferentemente a todas as entidades da economía social, alternativa e solidaria de Galicia que queiran darse a coñecer ou achegarse a ver o que se está facendo ou o que se pretende facer por estes lares a medio prazo.
O evento é GRATUÍTO e polo aforo limitado darase prioridade as entidades inscritas, o prazo para facelo remata o 15 de xaneiro.

Para a inscrición e máis información:  secretariareasgz@gmail.com (mailto:susana@xeiraconsultora.com)

Encontro Economía Alternativa de Galicia

 

Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local

Cangas acollerá este xoves a inauguración de “Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local”.

O obxectivo é presentar algunhas experiencias de aproveitamento de recursos locais que se desenvolven noutros espazos que comparten similitudes con Cangas e que servirán para dar protagonismo ás asociacións, colectivos e particulares do municipio que teñan interese en desenvolver este tipo de actividades.

Máis info na web do concello:  http://www.cangas.gal/

12239985_904706772899466_1806771812380975789_n

http://www.cangas.gal/portada/agroecoloxia_triptico.pdf

 

Concurso de deseño no CSA do Sar

O CSA do SAR convoca un concurso de deseño para logos, camisolas e chapas. Buscamos xente creativa coma tí!

Envía as túas propostas en formato .pdf e tamaño A3 a csadosar@gmail.com. As propostas recibidas vanse a expoñer o día da festa de aniversario da casa do peixe, onde se votarán as tres mellores, que serán os modelos escollidos para facer todas as chapas, camisolas e logos do ano que ven. Tendes ate o 4 de Decembro para enviarnos un deseño orixinal! Animádevos a participar!

https://csadosar.wordpress.com

 

cartaz-desenho11

Obradoiro de agricultura ecolóxica

Comezamos un novo curso de obradoiros no Proxecto Integral Compostela.

Nesta ocasión o compañeiro de A Fieita impartirá un obradoiro de agricultura ecolóxica para as interesadas e interesados en aprender a traballar e xestionar a súa propia horta.

O curso está distribuído en módulos axustados no tempo coas distintas labores a realizar no campo para ter unha horta produtiva na primavera/verán do 2016 (planificación do solo, elaboración dun composteiro, identificación e control de pragas…etc..)

Constará de dúas clases mensuais, un luns para a parte teórica, e un sábado para a práctica (a desenvolver nas distintas hortas das participantes).

O obradoiro é para integrantes do Proxecto, pero no caso de que non se cubran todas as plazas, poderán participar persoas non integrantes que teñan interese.

Animádevos a participar!

obradoiro agricultura