Sobre nós/como participar

Somos veciñas e veciños da bisbarra de Compostela creando un proxecto integral para a nosa comarca.

Queremos producir e mercar todo o que fai falta para as nosas vidas – alimentación, vestiario, vivenda, saúde, educación, servizos, tecnoloxía, … – queremos facelo de xeito ético, local, autoxestionado e informado.

Este proxecto está concebido como aberto, integrador e transversal, e por iso convidámoste a participar del.

 

Cómo funciona o proxecto?

– Asemblea xeral mensual. Aberta a todas as persoas interesadas en coñecer o proxecto e participar en él.

– Xornadas de convivio e formación. Para coñecerse, debater, aprender e construir.

– Mercadiño en moeda social. Intercambios de produtos e servizos coa nosa propia moeda social: as landras. En internet e nas asembleas e xornadas.

-Grupo de consumo en moeda social. Temos un grupo de consumo interno no que facemos pedidos  directamente a produtoras/es locais. Unha porcentaxe do prezo final costéase en landras.

-Comercio local en landras.– Ademáis de intercambiar produtos e servizos entre particulares, tamén temos comerciantes locais que aceptan unha porcentaxe dos seus produtos en landras.

 

Cómo podo participar no Proxecto da moeda social “landra”?

Para comezar a formar parte do PIC, tes que crear a túa conta na plataforma online coa que xestionamos a  moeda social, o  CES (Community Echange System). Para crear a túa conta é obligatorio ofertar algo, produto e/ou servizo.

Info máis amplia sobre o CES no seu apartado:

https://proxectointegralcompostela.wordpress.com/moeda-social/ces-sistema-de-intercambio-comunitario/

Grupo de benvida e dinamización do PIC

No PIC existe un grupo de persoas encargadas de dar a benvida ás novas integrantes, acompañalas na súa incorporación ó proxecto e organizar actividades de dinamización, para facilitar as relacións entre as persoas que forman o PIC e fomentar a participación.

Para esta tarefa, hai dúas coordinadoras que se encargan da organización do grupo e un equipo de persoas que realizan a acollida directamente ás novas integrantes. O posto de coordinadora rota cada 6 meses e o equipo de acollida vaise formando a medida que hai novas incorporacións.

As funcións das coordinadoras son:

  1. Estar en contacto coa administradora do CES para recibir información das novas altas.
  2. Organizar o equipo de acollida.
  3. Preparación e actualización de documentos que faciliten a incorporación de novas integrantes.
  4. Organizar e coordinar actividades de dinamización, como mínimo unha cada 2 meses.

As funcións das voluntarias de acollida son:

  1. Estar en contacto coas coordinadoras para recibir información das novas altas.
  2. Contactar coa nova integrante para presentarse e explicarlle o funcionamento do PIC, en persoa a ser posible.
  3. Facer un seguimento durante un tempo, interesándose pola integración e participación da nova integrante.
  4. Resolver dúbidas e estar dispoñible para as consultas que lle poidan realizar as novas integrantes.
  5. Na explicación do funcionamento do PIC as persoas do equipo de acollida teñen que informar sobre:
  6. Organización do PIC: Asembleas mensuais e grupos ou persoas encargadas de determinadas funcións.
  7. Comunicación: Email, listas de correo, blog, facebook
  8. Funcionamento do CES
  9. Produtos e servizos dispoñibles
  10. Grupo de consumo e outros proxectos (landracarro, bibliolandra, formación…)
  11. Xornadas de convivio e outras actividades de dinamización
  12. Próximas actividades

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s