II edición da Mostra do Posible

Este fin de semana terá lugar a II edición da Mostra do Posible en Cangas do Morrazo.

A Mostra do Posible de Cangas do Morrazo é un encontro de entidades de economía solidaria e movementos sociais mediante o que se pretende visibilizar que exinten alternativas para construír entre todas un mundo máis xusto.

Por unha banda, as empresas de economía solidaria están confecionando potentes ferramentas de transformación colectiva, que buscan cooperar en lugar de competir e poñen ás persoas no centro. A economía solidaria fai posible que hoxe en día podamos satisfacer parte das nosas necesidades cotiás contribuíndo a creación dun mundo máis xusto e solidario.

Por outro lado, os movementos sociais buscan influír na toma de decisións sobre o que é de todas,  defendendo que outro tipo de políticas públicas é posible. Ademais, nos movementos sociais reside a creatividade e a experiencia de outros xeitos de organización colectiva.

Aquí podedes consultar a programación:42141801_1390849887713953_7868175272166555648_n.jpg

páxina facebook

Proxección do documental Food Coop

O Pic Proxecto Integral Compostela colabora na organización da proxección do documental Food Coop, xunto coa Cooperativa de Consumo Responsábel Zocamiñoca, Panxea e MaOs Innovación Social.
En plena crise económica, á sombra de Wall Street, a cooperativa de alimentación Food Coop, supermercado no que 16.000 persoas socias traballan 3 horas ao mes para teren dereito a comprar a mellor comida na cidade de Nova York ao prezo máis barato posíbel, está en auxe. E na Galiza, sería viábel algo semellante?

Axúdasnos a proxectalo en Compostela o 21 de abril ás 12h no NUMAX? Só tes que reservar a túa entrada por adiantado en:

https://screen.ly/evento/487/food-coop-numax/

Necesitamos un mínimo de compra de 39 entradas para que o evento se realice, o importe só se cobra se conseguimos o mínimo e se realiza a proxección.

«E se o grande tamén é fermoso?, E se montar supermercados cooperativos fose unha parte da solución?, Somos capaces de identificar as bondades dos supermercados e traducilas ás lóxicas e valores da economía solidaria?»

foodcoop